Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

PIONEERS 2020: Convocatoria aberta para organizacións de acollida

Data da norma
Ámbito normativo
Comunitaria
Data de publicación
Clasificación
PREMIOS
Ámbito
Unión europea
Destinatarios

Os hosts ou anfitrións poderán acoller fisicamente ou en remoto a un/a profesional internacional que colaborará na oferta de proxecto que cada entidade publique na plataforma.

Obxecto

PIONEERS é un programa de mobilidade, dentro da iniciativa europea EIT Climate- KIC, para profesionais procedentes do mundo empresarial, académico, da investigación e da administración que estean a desenvolver a súa carreira no campo das tecnoloxías limpas, eficiencia enerxética, transporte e edificación sustentable, xestión da auga e territorio, residuos, redes intelixentes, consumo verde ou a optimización de procesos industriais para reducir as emisións de CO2.
O obxectivo deste programa é crear unha comunidade de expertos dotándoos de ferramentas para desenvolver as súas capacidades e talentos e así explorar, innovar e poñer en práctica os últimos avances que axuden a mitigar o impacto ambiental, a través de novos produtos e servizos.

Convoca

Climate-Kic

Prazo

Aberto ata o 16 de xuño de 2020