Este obradoiro é unha aproximación a aquela poesía na que a natureza ten un papel protagonista, e en concreto traballaremos coas árbores como motivo central. Para iso apoiarémonos nunha escolma de poetas que trataron as árbores dende distintas perspectivas na súa proposta literaria, entre elas as de Juana de Ibarborou, Ana Ajmátova, Rosalía de Castro ou Wislawa Szymborska. Aínda que a nómina de autores será máis extensa.
O que nos interesa é traballar con dúas perspectivas, celeste e terrestre, pólas e raíces, ar e terra. Así se organizará a primeira sesión na que se explorarán as distintas voces e achegas de cada un dos autores para, na segunda sesión, abordar a propia escrita. O obxectivo será procurar aqueles aspectos que as árbores, como símbolo crucial da natureza, atravesan a cada participante.
Contenido
