Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Xornadas
Organizador
Fundación Galicia Europa
Ámbito
Galicia
Contenido
A Fundación Galicia Europa desexa invitalo a participar nunha nova sesión do ciclo de encontros virtuais, no que contaremos coa intervención de Carlos Maravall, secretario da UE do Comité Especializado en Enerxía da Comisión Europea.
O relator ilustraranos sobre o Plan Industrial Limpo, deseñado para reforzar a competitividade e a resiliencia da industria europea ó tempo que se reafirma a determinación da UE para converterse nunha economía climaticamente neutra de aquí a 2050. Para isto, a Comisión europea propón unha serie de medidas que queren facer da descarbonización un motor de crecemento, centrándose principalmente en dous sectores: as industrias con alto consumo enerxético e as tecnoloxías limpas.
