Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

O alumnado do IES Castro de Baronceli contra os lumes

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Castro de Baronceli
Inscrición

Máis información no email lpr.bioxeo@gmail.com

Ámbito
Galicia
Contenido

Durante este verán a comarca de Monterrei sufriu a vaga de lumes máis grande da historia. Durante semanas todos os concellos da comarca víronse afectados por incendios en maior ou menor medida. Foi un desastre ambiental que lamentablemente viviron e sufriron todos os alumnos e alumnas do IES Castro de Baronceli que recolle a rapazada do val de Monterrei (Castrelo de Val, Laza, Cualedro, Monterrei, Oimbra, Vilardevós, Riós e Verín).
No IES Castro de Baronceli púxose en marcha o proxecto Non+Lumes, coa colaboración da Consellería de Educación dentro do programa InnovaLab coa intención de sensibilizar ao alumnado sobre as causas e consecuencias dos lumes, e ademais darlle a oportunidade de traballar para a recuperación dunha zona queimada próxima ao centro.
Este acto simbólico ten como obxectivo dar ferramentas ao alumnado para solucionar problemas ambientais como pode ser a recuperación dunha zona queimada.