Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Nova Rede de Preparación para a Reutilización

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.
Inscrición

Ata o 5 de decembro.

Ámbito
Galicia
Contenido

A Consellería de Medio Ambiente promoveu ao longo de 2019 diferentes accións para poñer en marcha en Galicia unha rede propia de colaboración que promova e execute proxectos baseados na reutilización e reparación de obxectos e materiais.
Desde hoxe e ata o 5 de decembro, todas as entidades interesadas en participar e implicarse activamente na iniciativa poderán inscribirse a través dunha nova web.
O pasado mes de outubro empezou a desenvolverse unha experiencia piloto en Valga, coa posta en marcha dun espazo municipal de reparación e intercambio de enxoval e outros materiais, e o vindeiro 11 de decembro celebrarase en Santiago unha reunión preparatoria, que suporá o lanzamento oficial da Rede Galega PxR.