Prazas limitadas. Previa inscrición nun formulario
Este club pretende dar a coñecer obras de temática ambiental para explorar o mundo que nos rodea, creando un espazo para o diálogo e o intercambio de ideas, unha chamada á acción a través da lectura.
Esta nova edición comezará coa novela Cordilleira, da escritora e poeta Marta do Riego (Editorial AdN), e a primeira reunión terá lugar o mércores 15 de outubro ás 19 horas nas antigas cortes do Pazo de Lóngora.
Os faladoiros terán lugar unha vez ao mes (mércores) desde outubro do 2025 a xuño de 2026, e a inscrición realizarase para toda a tempada, tendo en conta que a asistencia é IMPRESCINDIBLE para sacar o máximo proveito ao club.
CLOROFILA forma parte do club de lecturas verdes da Rede de Centros de Información e Documentación Ambiental (RECIDA), por iso a maior parte dos títulos están escritos en español. Con todo, tamén trataremos obras en galego.
