Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
SOGAMA
Ámbito
Galicia
Contenido
O Nadal é, para moitos, unha época do ano na que gozar, desconectar do traballo e os estudos, e conectar coa familia e amigos, pero tamén é unha época de consumismo desmedido e de notable xeración de residuos.
Ser máis sostibles xa non é unha opción, senón unha obrigación para dar un respiro ao Planeta, poñer freo ao cambio climático e deixar un mundo mellor ás xeracións vindeiras.
Con pequenos xestos, podemos alcanzar grandes logros: evita o desperdicio alimentario, compra produtos de tempada e de proximidade, aposta por agasallos de segunda man, utiliza envoltorios reciclados e practica os tres erres (reducir, reutilizar e reciclar).
