Consultar convocatorias
A convocatoria HORIZON-MISS-2025-01, correspondente á Misión de Adaptación ao Cambio Climático, tiña data inicial de peche o pasado 24/setembro, á 17.00 hora local de Bruxelas. Debido a un problema no “Funding and Tenders Portal” para os “topics” HORIZON-MISS-2025-01-CLIMA-01 e HORIZON-MISS-2025-01-CLIMA-02, esta data pospúxose ata o 30 de setembro de 2025, á 17.00 hora local de Bruxelas.
O problema corrixiuse e, para que os solicitantes destes temas teñan tempo suficiente para adaptarse aos cambios, a data límite de presentación ampliouse ata o 29 de outubro de 2025, á 17.00 hora local de Bruxelas. Dado que as datas de apertura e peche son a nivel de convocatoria, non de “topics”, esta nova data de peche aplícase a todos os “topics” desta convocatoria.
Comisión Europea
Ata o 29 de outubro de 2025
