A Maleta dos Océanos é un traballo que desenvolve a Universidade de Vigo en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A proposta busca empatizar co alumnado para buscar outra forma de cambiar o mundo. Nesta proposta tamén se profunda sobre o papel das mulleres en relación coas profesións marítimas e coa sustentabilidade dos recursos mariños.
Este proxecto inclúese dentro da Axenda 2030 e coas iniciativas sobre a igualdade de xénero. A protagonista, Emma, guiará a través desta proposta educativa ao público infantil por seis iniciativas didácticas.
As propostas educativas céntranse na vida de todas as especies mariñas; a contaminación, verteduras e sobrepesca que afectan os recursos mariños; ao papel das mulleres que traballan en determinados sectores do mar como a conserva, o marisqueo ou a elaboración de redes; as investigadoras mariñas e as propostas de mulleres de organismos internacionais para educar sobre un sistema sustentable.
Contenido
