Consultar ligazón.
Consiste nunha xornada de limpeza de espazos públicos en Europa.
Con esta iniciativa preténdese que os propios participantes, e a sociedade en xeral, tomen boa nota da inxente cantidade de lixo que acaba abandonada na contorna e que esta experiencia lles axude a tomar conciencia do alcance dun problema que require da implicación de todos, precisándose para iso dun cambio de comportamento.
A Semana Europea da Prevención de Residuos actúa como coordinadora desta actividade e proporciona as pautas a seguir para participar na mesma. Con tal fin, as persoas e entidades interesadas en formar parte desta iniciativa deben identificar previamente o lugar obxecto de limpeza, rexistrar a acción, definir o equipo e os medios cos que conta e proceder á promoción da mesma.
