Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

IV Edición do Mentoring Emprendeverde

Data da norma
Ámbito normativo
Estatal
Data de publicación
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Ámbito
Estatal
Destinatarios

Na selección dos proxectos darase prioridade a persoas que pertenzan a colectivos prioritarios, como mulleres, mozas de ata 35 anos, maiores de 45 anos, persoas inmigrantes, persoas con discapacidade e residentes en áreas protexidas ou zonas rurais.
Así mesmo, terán preferencia as ideas de negocio avanzadas que estean a piques de saír ao mercado e necesiten mentorización especializada na última fase do emprendemento.

Obxecto

Esta iniciativa está enfocada a apoiar e axudar a saír ao mercado a emprendedores e emprendedoras cun proxecto verde ou azul. Na cuarta entrega deste servizo, que incluirá melloras e novidades, ofreceranse 10 horas de mentorías en liña gratuítas, personalizadas e especializadas a 45 proxectos socioambientais, que serán previamente seleccionados. Igualmente, as persoas mentorizadas poderán gozar de 8 sesións de mentoring grupal e 3 encontros grupais de inicio, networking e peche Demoday.
Todas as sesións serán impartidas por un equipo de mentores e mentoras especializado e cunha ampla experiencia en emprendemento ambiental con impacto positivo que dará soporte en diferentes áreas, como desenvolvemento de negocio, financiamento, márketing ou comercialización. Ademais, cada persoa participante poderá acceder a mentorías individuais e específicas que cubran as necesidades do seu proxecto.

Convoca

Red Emprendeverde

Prazo

Ata o 11/09/2022.