Durante catro sesións, expertos e investigadoras analizarán diversas liñas de investigación realizadas nos seis parques naturais galegos e no parque nacional, desde inventarios de biodiversidade, como odonatos ou macromicobiota, ata estudos sobre restauración de hábitats e seguimento de comunidades vexetais.
Ademais, abordarase o marco normativo dos Plans Reitores de Uso e Xestión (PRUG), onde a investigación se integra como unha peza crave para avaliar impactos, deseñar estratexias de conservación e planificar usos sostibles nestes territorios.
Con este curso, a UNED e a Xunta reforzan o vínculo entre ciencia e xestión ambiental, fomentando a colaboración entre academia, administración e cidadanía para preservar os espazos naturais galegos fronte aos desafíos actuais.
Contenido
