Cubrir formulario
O obxectivo principal deste ciclo é que as persoas participantes adquiran unhas nocións básicas de debuxo e pintura de natureza en acuarela, que lles permitan tomar apuntes do que observan na natureza nas súas saídas ao campo, e podan así facerse cun caderno de campo da súa propia autoría. Centraranse nas aves e nas paisaxes da Costa de Dexo, na costa norte do Concello de Oleiros, en diferentes estacións do ano: inverno, primavera, verán e outuno.
O segundo dos obradoiros está adicado ás paisaxes deste espazo protexido, e as persoas participantes, ademáis de adquirir os principios teóricos básicos desta técnica, realizarán unha práctica na que aprenderán a facer unha paisaxe desta costa, misturando acuarela tradicional con outra un tanto especial. Non é impresdindible ter coñecementos de pintura.
