Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Impulso á recuperación verde da UE: proxectos innovadores de tecnoloxías limpas

Data da norma
Ámbito normativo
Comunitaria
Data de publicación
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Ámbito
Unión europea
Destinatarios

Proxectos en sectores admisibles de todos os Estados membros da UE, Islandia e Noruega

Obxecto

A Comisión pon en marcha hoxe a primeira convocatoria de propostas do Fondo de Innovación, un dos maiores programas mundiais de demostración de tecnoloxías innovadoras con baixa emisión de carbono, financiado con ingresos procedentes da poxa de dereitos do réxime de comercio de dereitos de emisión da UE. O Fondo de Innovación financiará tecnoloxías vangardistas para as enerxías renovables; as industrias de gran consumo de enerxía; o almacenamento de enerxía; e a captura, o uso e o almacenamento de carbono. Impulsará a recuperación verde mediante a creación de empregos locais con garantía de futuro, preparando o camiño cara á neutralidade climática e reforzando o liderado tecnolóxico europeo a escala mundial.

Convoca

Comisión Europea

Prazo

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o 29 de outubro de 2020