Todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que, co seu traballo, xeren melloras nas condicións sociais dos colectivos máis desfavorecidos con actuacións vinculadas, directa ou indirectamente, ao ámbito da enerxía.
O Premio á mellor iniciativa social no ámbito enerxético de Fundación Naturgy quere dar visibilidade a aquelas persoas, entidades ou institucións que destacan no ámbito social vinculado, directa ou indirectamente, á enerxía, e axudar a financiar iniciativas neste ámbito para mellorar a calidade de vida das persoas máis vulnerables.
Buscamos proxectos que estean relacionados coa enerxía, que teñan un fin social claro e que axuden aos que máis o necesitan a mellorar as súas condicións de vida: proxectos educativos, de vulnerabilidade enerxética, de emprendemento, de inclusión social, de saúde, ambientais, relacionados coa economía circular…
Fundación Naturgy
Ata o 28 de febreiro (candidaturas)
