Todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que, co seu traballo, xeren melloras nas condicións sociais dos colectivos máis desfavorecidos con actuacións vinculadas, directa ou indirectamente, ao ámbito da enerxía.
Buscamos proxectos que estean relacionados coa enerxía, que teñan un fin social claro e que axuden aos que máis o necesitan a mellorar as súas condicións de vida: proxectos educativos, de vulnerabilidade enerxética, de emprendemento, de inclusión social, de saúde, ambientais, relacionados coa economía circular…
É importante que as iniciativas presentadas estean en marcha ou xa concluídas.
Nesta segunda edición, valoraranse de maneira especial os proxectos con capacidade de adaptación á crise do Covid-19, así como aqueles que representen algún tipo de innovación social ou tecnolóxica.
Fundación Naturgy
Ata o 31 de marzo de 2021.
