Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

II Concurso #ParqueVibras

Data da norma
Ámbito normativo
Galicia
Data de publicación
Número
1
Páxina
1
Clasificación
PREMIOS
Ámbito
Galicia
Destinatarios

No Concurso poderán participar estudantes de 3º e 4º da ESO que residan en Galicia e estean matriculados nalgún centro galego educativo durante o curso 2025-2026. É posible facelo individualmente ou en grupo (mínimo de dúas persoas, máximo os alumnos dunha mesma clase).

Obxecto

Este Concurso ten como finalidade sensibilizar e dar a coñecer entre o estudantado de secundaria o valor do patrimonio natural de Galicia, implicándoo no seu respecto e coidado. Trátase dunha proposta na que a divulgación ambiental farase a través dun dos mellores medios cos que conectar actualmente coa xuventude: as redes sociais.

En concreto, o Concurso centrarase nos seguintes parques naturais:

Parque Natural Fragas do Eume
Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
Parque Natural do Monte Aloia
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Parque Natural O Invernadeiro
Parque Natural Serra da Enciña da Lastra
Grava un vídeo en galego para Instagram, TikTok ou YouTube cuxa temática sexan os Parques Naturais de Galicia. Deberá ser un contido orixinal, con valor divulgativo.
Podes gravalo nun dos parques, pero non é requisito.

Convoca

Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia

Prazo

Ata o 19 de decembro de 2025