Máis que un símbolo un movemento global en defensa do medio ambiente e as persoas.
A Hora do Planeta nacía en Sidney en 2007 como un xesto simbólico para chamar a atención sobre o problema do cambio climático. Un sinxelo xesto que consiste en apagar as luces de edificios e monumentos durante unha hora.
En 2023, ademais de manter o simbólico xesto de apagar a luz o día 25 de marzo de 20.30 a 21.30h, hai un novo reto.
Convídase a participar, por segundo ano consecutivo, na iniciativa #KMPorElPlaneta #VueltaAlPlaneta. Un reto que co deporte e os seus valores envía unha mensaxe de esperanza e fomenta o traballo en equipo, xa que co esforzo de toda a sociedade, das empresas, das institucións…pódese gañar a carreira máis importante das nosas vidas. A carreira da emerxencia climática.
Contenido
