A Feira da Ciencia é un espazo no que os centros educativos, universidades, empresas, museos e centros de investigación presentan os seus proxectos de divulgación científica á sociedade.
Os temas que trata este ano son:
-Alimentación e consumo responsable. A desigualdade social, o desperdicio de alimentos, a obesidade, a economía circular e a saúde.
-Biodiversidade e cambio climático. Ciencia para conservar a biodiversidade e frear o cambio climático.
-O sol a nosa estrela. Misións espaciais, astronomía ou o Sol como fonte de vida, de enerxía, etc.
-Espazo S T E A M. Proxectos relacionados coa tecnoloxía, as enxeñerías, as matemáticas, a arte, as ciencias sociais ou a formación profesional.
-Primeira volta ao mundo. Papel da ciencia na primeira volta ao mundo de Magallanes e Elcano.
Contenido
