Persoas residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar un traballo de investigación e que reúnan todos os requisitos sinalados no punto 2 das bases reguladoras.
A concesión de 20 bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, destinadas a persoas con titulación universitaria que pretendan facer un traballo de investigación no período 2023-2024, cunha duración mínima de nove meses a contar desde a publicación da concesión definitiva, distribuídas nas seguintes áreas:
Área de artes e humanidades: 5 bolsas
Área de ciencias: 4 bolsas
Área de ciencias da saúde: 4 bolsas
Área de ciencias sociais e xurídicas e estudos de xénero: 5 bolsas
Área de enxeñería e arquitectura: 2 bolsas
Deputación da Coruña
A partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no BOP da Coruña e finalizará ás 14:00 horas do día 14 de abril de 2023.
