Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Extracto da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións para a prevención de incendios forestais e apoio á gandaría e explotacións agrícolas, correspondentes ao exercicio 2026 - Deputación de Ourense

Bop Ourense, 31-08-2026, Núm. 165, Páx. 61
Data da norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito normativo
Local
Data de publicación
Publicación
Número
165
Páxina
61
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Ámbito
Local
Destinatarios

As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras e agrícolas inscritas no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Galicia (Rega) ou no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), situadas na provincia de Ourense, que cumpran os requisitos establecidos nestas bases.

Obxecto

Regular a tramitación e concesión, mediante convocatoria pública e polo procedemento de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas aos titulares de explotacións gandeiras da provincia de Ourense inscritas no Rexistro de Explotacións Gandeiras de Galicia (Rega) e explotacións agrícolas da provincia de Ourense inscritas no Reaga (Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia), co fin de fomentar actuacións que contribúan á prevención dos incendios forestais mediante o apoio á gandaría e agricultura e á mellora da sustentabilidade ambiental das explotacións e a modernización dos seus medios materiais.

As actuacións subvencionables estrutúranse en varias liñas.

Convoca

Deputación de Ourense

Prazo

Iniciarase o día seguinte ao da publicación, pola BDNS, do extracto da convocatoria no BOP de Ourense e rematará o día 25 de setembro de 2026.