Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Expresión de interese relativa ao fomento da economía circular no ámbito da empresa no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
MITECO
Ámbito
Estatal
Contenido

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) lanzou unha nova convocatoria de expresión de interese para fomentar a economía circular no ámbito da empresa. O obxectivo é identificar o estado do mercado ao redor de proxectos deste ámbito, solicitar a información que permita a construción e o desenvolvemento das liñas estratéxicas de actuación para o fomento da economía circular no ámbito da empresa. Esta iniciativa enmárcase dentro dos traballos de desenvolvemento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia impulsado polo Goberno para reactivar a economía fronte á pandemia de COVID-19.
O prazo para presentar propostas finaliza o 26 de febreiro de 2021. Poden remitirse á dirección de correo: bzn- sug_residuos@miteco.es