Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
CEIDA
Ámbito
Galicia
Contenido
A mostra poderá visitarse na planta baixa da biblioteca desde o 8 de xuño ata o 31 de agosto de 2026. Esta exposición reúne un total de 20 obras realizadas en diferentes técnicas —acrílico, acuarela, ceras, pigmentos e verniz— nas que a natureza se converte no fío condutor da ollada artística. Cada peza nace da observación pausada e da experiencia dos paseos realizados por distintos lugares, transformando paisaxes, formas, luces e pequenas escenas cotiás en fontes de inspiración e creatividade.
