Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,
Ámbito
Galicia
Contenido
A mostra é unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en colaboración co Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia (Ceida), para celebrar o 50 aniversario da creación do programa sobre o Home e a Biosfera (MaB) da Unesco.
O luns 13 de decembro chegará a Vigo, Santiago de Compostela do 18 ao 21 deste mes; en Ferrol poderá visitarse desde o 23 ao 26; na Coruña permanecerá a partir do 28 de decembro ata o 2 de xaneiro; e pechará o seu itinerario na cidade de Pontevedra, onde se poderá visitar no primeiro mes de 2022.
