"Emerxencia climática: feitos e datos", enfocada desde a educación ambiental e baseándose en información científica contrastada, pretende proporcionar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática que vivimos. Preséntase como un percorrido secuencial, pero tamén pode facerse un achegamento á exposición tendo en conta catro grandes bloques de contidos diferenciados:
-Bases de Coñecemento climático,
-Dende o Global ata pisar o noso territorio,
-Motivos para a esperanza proposta de acción.
-Estratexias, alianzas e actores para a Emerxencia Climática.
O obxectivo último da mostra é achegar ao público os aspectos básicos relacionados con este problema ambiental global, para favorecer a súa comprensión, xerar procesos de reflexión, e conseguir comportamentos dirixidos á acción para a mitigación e adaptación. A emerxencia climática interpélanos a todos e todas e hai razóns para a esperanza.
Contenido
