Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Exposición 'Bolboretas en Acuarela' no Pazo de Lóngora

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Outras actividades
Organizador
CEIDA
Ámbito
Galicia
Contenido

Durante o verán e outono de 2022, a artista Lúa Fraga observou nalgúns paseos en familia, bolboretas e mesmo algunha oruga, que nunca antes vira. Ou quizais si, sen ser consciente. Iso levouna a investigar sobre elas acudindo á biblioteca ambiental do CEIDA, no pazo de Lóngora, e a consultar algúns libros sobre a vida das bolboretas. Alí descubriron que unha grande e colorida oruga que vira neses paseos, transformaríase nunha bolboreta macaón. De non atopar aquela oruga preto de casa, en Oleiros, pensarían que esa impresionante bolboreta pertencía a outros hábitats, pero é que máis preto do que pensamos habitan especies incribles que seguramente pasan desapercibidas. A intención de pintar estas bolboretas e expoñelas, é crear máis consciencia dos belos detalles que nos rodean e observar cun pouco de atención nos nosos paseos pola natureza.