O premio está aberto á participación de calquera entidade implicada en actividades vinculadas coa Rede Natura 2000: administracións públicas, empresas, xestores, propietarios, organizacións non gobernamentais, institucións educativas e persoas físicas.
A convocatoria 2023 dos Premios Rede Natura 2000 da Comisión Europea ten como obxectivo recoñecer experiencias exitosas na implementación da Rede Natura 2000 e demostrar á sociedade a súa importancia para a conservación do patrimonio natural europeo.
Establecéronse cinco categorías: conservación terrestre, espazos mariños, comunicación, conciliación de intereses e percepción, e cooperación e redes transfronteirizas. Ademais establécese o Premio Cidadáns, que non é unha categoría senón un recoñecemento por parte do público ao seu finalista favorito.
European Commission
Ata o 29 de setembro de 2023
