A Semana das Rexións da UE é un acontecemento anual no que as cidades e rexións mostran a súa capacidade para crear crecemento e emprego, aplicar a política de cohesión da UE e demostrar a importancia do nivel local e rexional para a boa gobernanza europea.
Os seus obxectivos son:
Debater os retos comúns das rexións e cidades de Europa e examinar posibles solucións reunindo a políticos, responsables da toma de decisións, expertos e profesionais da política de cohesión, así como ás partes interesadas do mundo empresarial, a banca, as organizacións da sociedade civil, o mundo académico, as institucións da UE e os medios de comunicación.
Proporcionar unha plataforma para o desenvolvemento de capacidades, a aprendizaxe e o intercambio de experiencias e boas prácticas para quen aplica a política de cohesión da UE e xestionan os seus instrumentos financeiros.
Facilitar a cooperación e a creación de redes entre rexións e cidades.
Contenido
