Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

#EuQuedoNaCasa co #CadernoVerde

Data de inicio
Data de finalización
Tipo de actividade
Campañas
Organizador
Sogama
Ámbito
Galicia
Contenido

Este programa pedagóxico está conformado por 15 unidades didácticas que se publicarán de forma progresiva. Os protagonistas son catro membros dunha familia (pai, nai, fillo e filla), á que se suman dúas mascotas (un gato e un can). Xuntos pasan un período de reclusión no seu fogar debido á crise sanitaria orixinada polo COVID-19.
Con #EuQuedoNaCasa co #CadernoVerde, os pequenos poderán aprender a diario algo novo: que é o coronavirus, por que é prioritario seguir unhas correctas e rigorosas pautas de hixiene, a importancia de colaborar nas tarefas domésticas, o establecemento de horarios para o estudo, a lectura e o lecer, así como a oportunidade de ampliar coñecementos ambientais.