Unha iniciativa que a través dalgúns dos personaxes máis queridos de Disneyland Paris, busca achegar e concienciar ás familias e ao público de todas as idades sobre a importancia da reciclaxe de envases de vidro.
Para o desenvolvemento da campaña, que comezou o pasado 16 de decembro en dez cidades españolas -Madrid, Valencia, Sevilla, Bilbao, Málaga, Zaragoza, Alacante, A Coruña, Almería e Salamanca-, instaláronse un total de 140 contedores en forma de bóla de Nadal, tematizados cos personaxes Disney, que unirán a maxia Disney e a maxia do Nadal á práctica consolidada da reciclaxe de vidro entre os españois.
Os usuarios que entren soamente terán que responder un divertido e sinxelo cuestionario e entrarán no sorteo no que poderán levar un dos miniglús tematizados para reciclar con maxia desde casa ou mesmo viaxar a Disneyland Paris.
Contenido
