Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas,segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Nome do plan: Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Fene - delimitación dos núcleos rurais dos Buios, do Redondo, do Feal, de Lubián e do Piñeiro.
Promotor: Concello de Fene.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
Expediente: 2021AAE2521.
Código Web: 2378/2021.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 08.01.2021 ata o día 08.03.2021.