Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas,segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan de ordenación do medio físico de San Fiz de Asma. Concello de Chantada.
Promotor e órgano substantivo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Expediente: 2020AAE2497.
Código web: 2356/2020.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 04.11.2020 ata o día 12.01.2021.