Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2018, do 5 de decembro, pola que se modifica a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o documento de inicio do seguinte proxecto:
Procedemento: avaliación ambiental ordinaria de proxectos.
Nome do plan: Liña de alta tensión a 132 kV dende a subestación de Ludrio ata a subestación de San Cibrao, e ampliación das subestacións Ludrio e San Cibrao.
Expediente: 2019/0082.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta estará aberto durante 30 días hábiles a contar a partir da finalización da declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 ou prórrogas do mesmo.