Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Proxecto sectorial creación de solo industrial para as instalacións da mercantil Talleres Ganomagoga S.L.U. no lugar da Gándara, parroquia de Ares, concello de Ponteareas.
Promotor: TALLERES GANOMAGOGA S.L.U.
Expediente: 2020AAE2420.
Código Web: 2292/2020.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.