Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial de reforma interior do núcleo da Cañota, en Meirás-Sada (A Coruña).
Promotores: José Villar Lires e outros propietarios.
Órgano substantivo: Concello de Sada.
Expediente: 2020AAE2446.
Código web: 2307/2020.
No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.
O prazo para esta consulta estará aberto durante dous meses a contar a partir da finalización da declaración do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 ou prórrogas do mesmo.