Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica ordinaria.
Nome do plan: Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, revisión de terceiro ciclo (2021-2027).
Promotor e órgano substantivo: Augas de Galicia.
Expediente: 2019AAE2354.
Código web: 2224/2019.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.