Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual nº 2 do PXOM do concello de Mos para a reordenación dos ámbitos de solo urbano non consolidado A-1-R01 e A-1-R02. Promotor: Concello de Mos. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas). Expediente: 2026AAE3127. O prazo para esta consulta está aberto dende o día 17.9.2026 ata o día 30.10.2026.