Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual nº 16 do Plan xeral de ordenación municipal do concello e Poio. Promotor: Concello de Poio. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas). Expediente: 2026AAE3072. O prazo para esta consulta está aberto dende o día 10.9.2026 ata o día 23.10.2026.