Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual nº 6 das NNSSPP de Cospeito para delimitar o núcleo rural de Rúa Nova. Promotor: Concello de Cospeito. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas). Expediente: 2026AAE3128. O prazo para esta consulta está aberto dende o día 8.9.2026 ata o día 21.10.2026.