Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación 03 do PXOM do Concello de Paradela para a delimitación do núcleo rural do Vilar. Promotor: Concello de Paradela. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas). Expediente: 2026AAE3121. O prazo para esta consulta está aberto dende o día 14.08.2026 ata o día 25.09.2026.