Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun equipamento asistencial na rúa Camelias (Convento das Clarisas), concello de Oleiros. Promotor: PROMOTORA DE VIVIENDAS URBANAS SL. Órgano substantivo: Concello de Oleiros. Expediente: 2026AAE3117. O prazo para esta consulta está aberto dende o día 6.8.2026 ata o día 17.9.2026.