Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual nº 5 das NNSSPP de Cospeito coa finalidade de redelimitar o núcleo rural de Vedro Grande. Promotor: Concello de Cospeito. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas). Expediente: 2026AAE3113. O prazo para esta consulta está aberto dende o día 7.7.2026 ata o día 18.8.2026.