Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan parcial do SUND-03 “Os Tilos II”.
Promotor: CORISCA 2000, SL.
Órgano substantivo: Concello de Teo.
Expediente: 2024AAE2938.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 6.8.2025 ata o día 18.9.2025.