Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Modificación puntual nº26 das Normas subsidiarias de planeamento municipal de Vilanova de Arousa para a reordenación urbanística e ordenación pormenorizada dunha zona en catálogo.
Promotor: Concello de Vilanova de Arousa.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas).
Expediente: 2025AAE3050.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 27.1.2026 ata o día 10.3.2026.