Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións en solo rústico, complexo para uso turístico dinamizador do medio rural A Eirexe, Boqueixón.
Promotor: María José Millán Torre.
Órgano substantivo: Concello de Boqueixón.
Expediente: 2019AAE2391.
Código Web: 2303/2020.
No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.