Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Nome do plan: Plan estruturante de ordenación de solo empresarial do parque empresarial 2º ampliación Toedo, na Estrada.
Promotor: Xestión do Solo de Galicia, S.A. (XESTUR SA).
Órgano tramitador: Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.
Expediente: 2024AAE2922.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 12.8.2024 ata o día 24.9.2024.