Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para a reordenación dunha parcela en solo urbano, concello de Sarria.
Promotor: Concello de Sarria.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas).
Expediente: 2025AAE2980.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 27.2.2025 ata o día 10.4.2025.