Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Modificación puntual das NNSSPP de Becerreá – delimitación do núcleo rural de Saa.
Promotor: Concello de Becerreá.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas).
Expediente: 2024AAE2929.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 29.8.2024 ata o día 10.10.2024.