Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial da Fragamoreira (Poio).
Promotor: XESTUR SA.
Órgano tramitador: Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial (Consellería de Economía e Industria).
Expediente: 2025AAE3011.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 3.6.2025 ata o día 15.7.2025.