Reciba a información recompilada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
A dirección de correo electrónico do subscritor.

Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan:
Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada.
Plan: Modificación puntual núm. 3 do Plan xeral de ordenación municipal para a reordenación do ámbito do campo da festa en Santa Lucía do concello de Moraña.
Promotor: Concello de Moraña.
Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas).
Expediente: 2026AAE3071.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 13.2.2026 ata o día 30.3.2026.